www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 15 de Novembro de 2018

Un ascensor mellora o acceso ao aparcadoiro da Xunqueira
Sociedade • 20/12/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A nova entrada peonil adaptada do aparcadoiro da Xunqueira, mellora a accesibilidade das persoas con diversidade funcional. A obra, que tivo un orzamento de 30.805,31 euros está enmarcada dentro das actuación que buscan a eliminación de barreiras.O alcalde, Javier Bas, a tenente de alcalde e concelleira de Benestar Social, María del Carmen Amoedo, e o concelleiro de Tráfico, Arturo González, asistiron á posta en funcionamento do novo acceso peonil ao Aparcadoiro da Xunqueira, adaptado para persoas con diversidade funcional.


A nova entrada dispón dun ascensor que comunica a vía pública cos sotos -1 e -2 e un "casetón" de entrada ao aparcadoiro. Ademais proxéctase un aseo adaptado a persoas con mobilidade reducida, no primeiro soto, e dúas prazas adaptadas no soto segundo.


A obra, que tivo un orzamento de 30.805,31€, "vén de cumprir cunha das prioridades do Goberno local: a eliminación da barreiras e o reto de lograr a accesibilidade plena de todas as persoas coma una necesidade para garantir a igualdade", subliñou a concelleira de Benestar Social.


Esta obra engádese a actuación como a sinatura dun convenio coa Asociación Aspavi para acabar coas barreiras no edificio do Concello, a reforma dos accesos á praia de Cesantes e máis recentemente a instalación dun "bucle magnético" no Auditorio do Multiusos da Xunqueira para persoas con dificultades auditivas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: