www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Setembro de 2018

Panxoliñas no Multiúsos
Cultura • 19/12/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O Conservatorio Profesional de Música de Redondela celebra hoxe martes día 19 de decembro ás 20.00 horas no Multiusos dá Xunqueira de Redondela o seu tradicional concerto de Nadal. Un evento moi especial no que participarán as diferentes formacións musicais que funcionan no centro: a Banda I, a Banda II e a Orquestra de Moderna do Conservatorio que acompañará ao Coro.


O repertorio elixido para este concerto de Nadal está integrado por unha selección de panxoliñas que poderán ser cantadas por todo o público que se achegue nesta tarde tan especial ao auditorio do Multiúsos de Redondela. O Conservatorio Profesional de Música convida a todo o pobo de Redondela  a celebrar con eles estas datas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: