www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Xullo de 2018

Obradoiros lúdicos de arquitectura en Soutomaior
Cultura • 18/12/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Aproveitando as vacacións de Nadal, o concello de Soutomaior organiza para os máis pequenos, nenos dende 4 anos ata os 17, actividades que buscan dar a coñecer o municipio a través das súa arquitectura e construción. Uns obradoiros que se desenvolverán entre o 27 de decembro e o 3 de xaneiro en diferentes horarios dependendo das idades dos participantes. O prazo de inscrición remata o venres 22 e debe formalizarse na OMIX de Arcade, no Multiúsos ou a través de internet.


O primeiro dos grupo, nenos e nenas de 4 a 7 anos, participan do obradoiro O Refuxio que se impartirá de 10:15 a 11:15 h. A través do xogo explorarán a idea de refuxio desde a perspectiva do corpo en relación co espazo. Realizaranse experimentos plásticos e psicomotores, construcións colectivas a partir do xogo simbólico e os roles.


Os rapaces de 8 a 11 anos participarán do taller "NO chán" entre as 11:30 a 12:30 horas. Tamén a través do xogo e o visual traballaranse destrezas múltiples con actividades de construción. Experimentación física da gravidade cunha actividade visoespacial. A estrutura molecular e as incribles figuras xeométricas e experimentarán co triángulo como elemento xerador de tridimensionalidade.


Os de maior ideade, aqueles que teñan entre 12 e 17 anos achegaranse ao obradoiro A Casa, cun percorrido sobre a historia e a diversidade de casas, exercizos gráficos de planos e elaboración de maquetas de traballo; arquitecturas populares, avances na arquitectura sostible....


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: