www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 18 de Novembro de 2018

Os empresarios lamentan que o concello anulase a Carreira de Nadal na vez de chegar a un acordo
Sociedade • 15/12/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Polémica en torno á carreira de Nadal que organiza a Concellería de Deportes de Redondela en colaboración coa Asociación deportiva CAR e que foi suspendida días atrás, logo de que varios comerciantes presentaran no rexistro do Concello as súas queixas por entender que a data e o horario elixido prexudicaba as vendas ao conlevar a proba deportiva un peche de tráfico no centro da vila. Dende a Asociación de Empresarios insisten en que o seu labor é defender os intereses dos seus asociados pero que a decisión de anular a proba é responsabilidade única do Concello.


Neste sentido o presidente da asociación, Enrique Lago  asegura que "nós estabamos dispostos a chegar a un consenso que facilitara a celebración do evento. Hai un mes xa lles formulamos a petición de que a proba se trasladara de día ou se modificara o seu horario pero non recibimos resposta por parte dos organizadores".


Engade Lago que dende a Asociación están dispostos a colaborar e facilitar a celebración de eventos destas características pero piden que se teña en conta a súa opinión "cando se trata de actividades que poidan afectar ao comercio local, nuns tempos nos que a súa supervivencia xa é moi complicada".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: