www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 23 de Xullo de 2018

Os pavillóns de Redondela e Chapela contan con novos marcadores de última xeración
Deporte • 15/12/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Trátase de videomarcadores de pantalla led de 10 metros cadrados con múltiples funcións e que se adaptan mediante un programa específico a todos os deportes dende futbolsala, balonmano, baloncesto, tenis. O importe dos dous videomarcadores ascendeu a 45.850 euros que foron financiados coa achega da Xunta de Galicia a través da firma dun convenio coa Secretaria Xeral para o Deporte.


O videomarcadores consisten nunha pantalla led de 10 metros cadrados de última Xeración con múltiples funcións e ordenador de control que incorpora un software deportivo multimedia para controlar os marcadores dende a mesa de cronometradores. Unha tecnoloxía de igual características e coas mesmas funcións que as de estadios de primeiro nivel como o Santiago Bernabeu aínda que de inferior tamaño, adaptado aos pavillóns onde foron instalados, no de Chapela e no da Marisma en Redondela.


Os marcadores adáptanse mediante un programa específico a todos os deportes dende fútbol sala, balonmán, baloncesto, tenis... Atópanse conectados á rede o que posibilita a programación instantánea dos mesmos ou con antelación ao partido.


 "Seguimos a mellorar as instalacións deportivas de Redondela porque pensamos que os nosos clubs merecen unhas instalacións á súa altura" apunta o edil de deportes, Julio Mougán.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: