www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 21 de Maio de 2018

O comercio local celebra o Nadal agasallando aos seus clientes con centos de premios
Sociedade • 15/12/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A campaña, coordinada dende a Asociación de Empresarios, desenvolverase conxuntamente en Redondela e Chapela. Durante tres semanas, ata o 6 de xaneiro, os clientes que fagan as súas compras no comercio local recibirán rascas con centos de premios directos en cada establecemento e celebrarase un gran sorteo final cun premio de mil euros. Todos os comercios e establecementos de hostalaría que se sumen a esta campaña terán como obsequio lotes de material comercial e un Papa Noel paseará pola vila nun coche descapotable.


A campaña comprende tamén accións de decoración común para os establecementos asociados consistente nunha alfombra vermella e dúas ponsettias, unha a cada lado da porta ou fachada comercial. "Esta tradicional planta de Nadal distribuída pola Asociación é 100% local xa que foi criada un viveiro da localidade de Redondela o que lle confire unha maior resistencia e intensidade de cor" explcia a técnica da Asociación, Julia Alonso.


A animación de rúa contará este ano como protagonista a Papa Noel que se paseará pola vila de Redondela nun flamante Ford Meteor convertible de cor vermello. Coa colaboración dos comercios asociados instalaranse distintos Tronos para recibir a visita de Papa Noel nos que irase parando ao longo de toda a tarde. A visita de Papa Noel será o venres 22 e o sábado 23 en horario de 17:30-20:30h e visitará todos os recunchos da vila estando previsto que os comerciantes de Vilavella os reciban na rúa Salgueiral, os comerciantes de Reveriano Soutullo e rúas anexa o recibirán na praza deste mesmo nome e os comerciantes da Rúa General Rubín o recibirán ao pe desta mesma rúa. Papa Noel "espera poder recibir a todos os nenos da vila e anuncia que virá cargado con caramelos e globos grazas a colaboración de Abanca e a Asociación de Empresarios".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: