www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Novembro de 2018

Seso Durán presenta o seu disco "O Son da Memoria" na Discotasca
Cultura • 14/12/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Pregaria de San Simón, o Príncipe azul ou Esperanza son algúns dos temas incluídos no disco "Son da memoria" escrito e producido por Seso Durán. Trátase dun disco que xira ao redor do que aconteceu a partir do golpe de estado do 36, especialmente nas comarcas de Pontevedra, O Morrazo e Vigo. As vítimas, os verdugos, os lugares, todo está neste traballo chegando a actualidade para falar da actual crise dos refuxiados no Mediterráneo. A actuación terá lugar hoxe xoves 14 ás 21:00 horas na Discotasca con entrada de balde.


José Fuzzno (Guitarras), Víctor Castro (Baixo), Antonio Monano (Teclados) e Franc Gorriz (Batería) acompañan a Seso Durán (Voz e guitarras) neste traballo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: