www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 21 de Xullo de 2018

Peche das bibliotecas do 18 ao 29 de decembro para adaptarse ao novo sistema informático
Institucional • 13/12/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O peche afectará tanto a biblioteca de Redondela no Multiúsos da Xunqueira como a Axencia de Lectura de Chapela. Co obxecto de causar os menores prexuizos posibles aos usuarios manterase aberta a sala de estudos e habilitarase un lugar para a lectura da prensa e revistas tanto no Multiúsos de Redondela como en Chapela.


As bibliotecas municipais de Redondela e  Chapela pecharán ao público o día 18 de decembro, data na que se producirá o cambio no seu sistema informático de xestión o que conleva a migración de todos os datos do antigo catálogo ao novo programa Koha. Un proceso que provocará desaxustes e interrupcións no servizo co inevitable peche das instalación ata o día 29.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: