www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Setembro de 2018

O ciclo Humor na súa tinta ofrece dúas funcións do espectáculo de Miguel Lago
Cultura • 12/12/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O vigués, que se dera a coñecer no Club de la Comedia, chega a Redondela cos seus monólogos de humor e faino con dúas funcións logo de esgotárense as entradas para o pase das 20:00 horas do domingo día 17. Haberá unha segunda función ás 18:00 horas cuxas entradas pódense retirar xa a través de internet no enderezo www.woutick.es ou no Café da vila.


O ciclo, organizado pola produtora MoitaMerda en colaboración coa Concellería de Cultura rematará o 21 de xaneiro coa actuación de Carlos Blanco. Ao longo do programa pasaron polo Multiúsos da Xunqueira humoristas como Edu Soto, Javier Veiga e Alex O,Doherty.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: