www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Xullo de 2018

Máis gastos este Nadal, pero sen excesos
Sociedade • 11/12/2017
Autor: Ana Prieto

O orzamento medio dos consumidores españois para o Nadal de 2017 será de 633 euros, un 3,3% que o ano pasado. En Redondela moitos veciños recoñecen que incrementarán os seus gastos, malia que sen chegar á media estatal. No que coinciden a maioría é que gastarán máis en alimentación que en agasallos. O comercio local comezou a experimentar un lixeiro incremento nas vendas, aínda que a maior parte da facturación da campaña chegará "os días antes das festas".


Segundo a previsión do Estudo de Consumo do Nadal 2017 realizado por Deloitte, o aumento do gasto basearase no incremento das partidas destinadas a agasallos, alimentación, viaxes e lecer. Os agasallos serán a partida á que maior gasto destinarán os fogares, uns 252 euros, seguidos da alimentación con 195 euros. Pero semella que o reparto do gasto non é igual en todas as zonas, e os veciños de Redondela coinciden en que o seu maior desenvolso non é nos agasallos, senón na comida. O incremento nos prezos de mariscos e peixe fai que a compra para as celebracións familiares se incremente, pero moitos non renuncian a unha boa comida ou unha boa cea pese aos prezos prohibitivos dos produtos. É o caso de Maribel, que prefire aforrar nos agasallos, ou recortar doutras partidas pero ter "unha boa mesa para compartir coa familia". En canto aos produtos máis regalados, Deloitte sinala a roupa, libros, perfumes e cosméticos.Isto nótase no comercio local, que comeza a activarse coas compras este mes. Mesmo campañas coma o Black Friday, a finais de novembro, contribuiron as vendas nalgúns establecementos. Con todo, o groso da facturación de Nadal chegará nos días previos ás festas. É algo habitual, como apunta Loli, que leva anos traballando nunha perfumería de Redondela. En establecementos doutros sectores, como a decoración, aínda non se notou o campaña de Nadal. Victoria explica que é esta semana "despois da ponte festiva" cando agarda que comecen a despuntar as ventas. Clientes como Celsa recoñecen que farán as súas compras de Nadal nos vindeiros días, fuxindo das xornadas "de máis aglomeración nos comercios". De feito, segundo o estudo de Deloitte a primeira quincena de decembro será o período coa maior actividade cun 33% das compras. Moitos agardarán aos últimos días, do 16 ao 24 de decembro farán as compras un 18% dos consumidores.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código:

Audios relacionados co artigo
Maribel: máis gasto en alimentación
Maribel é das que prefire aforrar noutras partidas e disfrutar coa familia dunha boa mesa no Nadal.
Esteban
Non ten dúbida de que gastará máis en alimentación que en agasallos.
Compras o último día
Moitos redondeláns agardan ao último día para facer as compras. Explícao Loli que traballa nunha perfumería.
As ventas van lentas
Comerciantes como Victoria advirten que polo de agora aínda non se notou o tirón do Nadal nos establecementos.
Celsa
Esta veciña comezará as compras esta semana para facelo con calma.