www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Setembro de 2018

O Choco súmase á moda da venda "on line"
Deporte • 11/12/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A entidade deportiva dá un paso adiante cunha tenda online cos seus produtos oficiais. Dentro do repertorio de produtos que lanza a entidade poden atoparse camisolas de apoio e sudadeiras, pero tamén outros elementos menos habituais como un "body de bebé", mochilas, gymbag, gorros e gorras, tazas, un zapatillero, un banderín vintage e unha xerra de cervexa completan o catálogo de entidade de Redondela, que soamente poden adquirirse a través da web. Non haberá venda presencial en Santa Mariña.


O Choco deu un paso adiante na súa liña de promoción e tamén se servizos ós afeccionados do equipo cunha tenda online cunha ampla gama de produtos do club de Redondela, que se poden adquirir en liña na web http://proliga.smart-net.es/clubes/cd_choco#


Todos os produtos están feitos con materiais de alta calidade e contará con entrega en domicilio. Os pasos parar mercar están perfectamente explicados na web da tenda e o procedemento é rápido e seguro.


A tenda online e unha das medidas introducidas nas últimas semanas co fin de mellorar o catálogo de servizos do club de Redondela e tamén ofrece a posibilidade de agasallar os colores do Choco nesta etapa de Nadal, na que sempre se realizan obsequios. As campañas de socios ou o troco do escudo por un máis moderno son outras das novidades xa realizadas pola entidade de Redondela nos últimos anos. A directiva actual pensa reforzar nas vindeiras semanas esta tenda virtual, ademais de traballar xa noutros proxectos para mellorar o funcionamento do club.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: