www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Outubro de 2018

A Sar Rodavigo cae pola mínima en Oviedo
Deporte • 11/12/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O equipo que milita na división de Honra prata feminina mantense no cuarto posto da clasificación malia a derrota desta fin de semana por 21-20 ante o Oviedo. Mala xornada para os equipos de balonmán femininos ao perder tamén o partido o Cíes Obra Civil contra o Cleba León por 33-16. Na primeira nacional masculina vitoria para o Chapela na súa visita a Bueu e nova derrota para a SAR que segue nos postos baixos da clasificación logo de caer no pavillón da Marisma ante un dos fortes da categoría, o Calvo Xiria.

 


División de honra prata feminina


Partido moi igualado o disputado pola SAR Rodavigo en Oviedo cun empate a dez minutos do final do encontro que desempatou ao seu favor o equipo local a tan só catro segundos do remate. Un marcado final de 21-20 a favor das anfitrioas. A SAR con todo mantense nos postos altos da categoría, e ten na vindeira fin de semana unha cita difícil, xogan contra o líder, o Lanzarote.


Derrota tamén para o Cíes Obra Civil que nada puido facer contra un Cleba León claramente superior que non deu oportunidade ás xogadoras do Chapela. Encontro que remataba cun contundente 33-16. O Chapela mantense na décima posición e xoga na vindeira semana contra as sétimas, o Camargo.


Primeira nacional masculina


SAR e Chapela afrontarán o derbi que se disputa o sábado 16 ás 18:30 horas no pavillón de Chapela dende situacións ben diferentes. Así, o Rodosa Chapela atópase nos postos altos da  categoría, son cuartos logo de lograr unha clara vitoria na súa visita ao campo do Bueu, partido que rematou co resultado de 26-32. A SAR segue nos postos baixos do grupo tras perder por 21-31 ante o Calvo Xiria.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: