www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 16 de Decembro de 2017

Preocupación na Confraría de Cesantes polos efectos do transvasamento do Verdugo
Sociedade • 7/12/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O patrón maior de Redondela, Clemente Bastos, amosa a súa preocupación por unha obra "da que non temos datos". Critica que non existan estudos do impacto que esta actuación podería ter e anuncia que dende a Asociación de mariscadores da Ría, que el preside, non se descarta convocar unha gran manifestación "porque un transvasamento afectaría a toda a ría e a todas as confrarías, non só a de Redondela e Arcade".


"A nosa preocupación é que ao baixar o río con menos canal de auga iso vai prexudicar ao marisqueo xa que o produto depende para a súa supervivencia do grao de salinidade da auga". Así o explica Clemente Bastos, patrón maior de Redondela e presidente da Asociación de Mariscadores da Ría quen amosa a súa preocupación por un proxecto que "está a dar pasos moi rápidos, sen un estudo de impacto medio ambiental e sen saber as súas repercusións".


Neste sentido apunta que está en contacto con todas os colectivos do sector e que non descartan a convocatoria dunha gran manifestación "toda a ría ten que estar unida porque nos afectaría a todos".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: