www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 16 de Decembro de 2017

Xabaríns no casco urbano de Redondela
Sucesos • 5/12/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Os animais, entre catro e seis, baixaron aparentemente na procura de alimento e percorreron as inmediacións da rúa Telmo Bernárdez, Os Eidos e a Igrexa de Santiago para desaparecer pouco despois en dirección Reboreda. Un deles morreu ao precipitarse dende o muro da Igrexa e foi retirado por axentes da Policía Local logo de que se presentasen no lugar avisados polos veciños que se decataron da presenza dos animais.


Os animais terían baixado dos montes de Pazos e Reboreda aparentemente na busca de alimento. Algo inusual que podería responder ao estado no que se atopan os montes afectados polos lumes do pasado mes de outubro. A falta de alimentos estaría detrás desta extraordinaria aparición que sorprendía aos veciños que, preto da media noite do pasado xoves, se atopaban nesas rúas do casco vello. Veciños que chegaban gravar aos xabaríns paseándose pola vila.
Un paseo con final dramático xa que, ao sentírense acosados, os animais precipitáronse dende o muro da Igrexa e un dos individuos perdía a vida na caída.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: