www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 16 de Decembro de 2017

O Choco suma un punto nos Carrís
Deporte • 4/12/2017
Autor: Ana Prieto

Importante empata para os de Marcos Montes no campo do Barbadás que lles permite seguir na parte alta da táboa. Peor foron as cousas para o fútbol comarcal na Segunda Autonómica, con derrotas de Choco B e Arcade. Na Terceira Autonómica só gañaron o Chapela e o Soutomaior.


Terceira División


Barbadás 0-0 Choco


O Choco, que tentou facerse co balón, sumou un punto nun partido sen goles. O xogo defensivo Barbadás deixou un partido con escasas ocasións, malia as intencións dos de Marcos Montes. O Choco tivo máis o control do balón ante un Barbadás, que demostrou ser un verdadeiro muro. Na primeira metade as opcións de gol foron escasas e destacou un pase profundo cara Ricar que controlou longo, a oportunidade marchou pola liña de fondo antes do descanso. Xa no segundo tempo, os dous equipos saltaron ó terreo de xogo coa intención de continuar na liña marcada. O Barbadás estaba cómodo nun partido no que apenas concedía ocasións, mentres o Choco buscaba xogadas elaboradas que lle permitisen evadir a defensa dos anfitrións, sen éxito. No segundo tempo, o Barbadás tivo unha opción de gol que evitou Cortegoso e, ao cuarto de hora da reanudación, o equipo de Redondela pediu unha pena máxima por unha patada de Ilyes a Marcos Pérez, que o colexiado non sinalou. Os últimos minutos estiveron marcados polas accións a balón parado, aínda que sen demasiado perigo. O visitante Ricar volveu ter un man a man, pero controlou longo ante Rui Filipe, mentres que o local Nespereira enviou un disparo ao lateral da rede. Algunha ocasión, pero finalmente partido sen goles. Un punto que deixa ao Choco na 8ª praza do grupo. Na próxima xornada reciben en Santa Mariña ao líder, o Compostela, un dos grandes favoritos a disputar a fase de ascenso.


Segunda Autonómica


Choco B 1-3 A Guía


Mazazo para o Choco B, que perdeu con claridade ante A Guía. Os visitantes adiantáronse con tantos de Brendan e Roberto na primeira metade. Reaccionou na continuación o equipo local, co tanto de Diego. Quedaría con dez A Guía pola expulsión de Antón, pero, aínda así, sentenciaría nunha contra, con tanto de Diego. O Choco conseguiu manter a 2ª praza, pero xa empatado con Tyde e Caldelas. Na próxima xornada, precisamente, duelo na cabeza da táboa. Visitan o campo do Tyde, que vén de empatar co líder, o Castrelos, no Monte da Mina.


A Lama 0-2 Arcade


Sorpresa no municipal de Racelo. Cristian, de cabeza, na primeira metade, adiantou ao A Lama ante un líder ansioso. Os locais defenderon moi ben os arreones do Arcade, que o tentou de todas as maneiras. Ao final, Mauricio sentenciou nunha contra. Os de Soutomaior manteñen o liderado, pero xa empatados co Caldas. Na próxima xornada reciben ao Vilaboa, 7º.


Terceira Autonómica


Gondomar 4-0 At. Vilar


O líder impúxose con claridade ao Vilar, e amplía distancias. Os redondeláns seguen segundos da táboa, pero empatados agora co Pereiró. Na próxima xornada reciben ao Matamá, e non poden despistarse, porque o rival está tan só 2 puntos por detrás.


Chapela 3-1 Nespereira


O Chapela sobe á 6ª praza do grupo logo de impoñerse ao Nespereira, pechacancelas. A próxima cita Peñasco-Chapela, cos anfitrións na metade baixa da táboa.


Peña Beretes 2-4 Club Peñasco


Os de Chapela seguen no pozo da táboa logo da derrota ante o Peñasco. Próximo partido Lavadores- Beretes. Difícil saída cos vigueses no 4º posto.


Cotobade 3-0 Cesantes


O Cesantes perde unha posición ante o Cotobade, e agora o equipo redondelán é o 4º clasificado, logo dunha derrota contundente. A próxima xornada, que será o 17 de decembro, reciben ao san Andrés, 8º.


Soutomaior 4-3 Caroi


Impúxose o Soutomaior no Graciano Padín nun encontro moi disputado e con moitos goles. O Soutomaior é agora 7º, cando se reanude a liga xogará no campo do Salcedo B, o pechacancelas do grupo.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: