www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Xullo de 2018

O Colectivo Republicano convoca unha protesta pola retirada da exposición do Multiúsos
Política • 28/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Co gallo da celebración do pleno municipal este xoves día 30, o Colectivo Republicano de Redondela, apoiado polos grupos municipais da oposición, colectivos veciñais e sindicatos, convoca unha concentración pola liberdade de expresión, na praza do Concello de Redondela, ás 19:00 horas. Presentarán ademais unha moción ao pleno na que solicitan "a reposición inmediata da exposición e a dimisión do alcalde, da segunda tenente-alcalde, e a reprobación da Concelleira de Cultura".


O pasado 29 de setembro do 2017, o goberno municipal retiraba a exposición fotográfica do Colectivo Republicano de Redondela, ubicada no edificio municipal do Multiusos da Xunqueira, co título "A criminalización do pensamento", composta por imaxes de recortes de prensa dos asasinatos de 1975, das mobilizacións obreiras da fabrica de Regojo, das manifestacións en contra da guerra de Iraq e do 15M.


O colectivo entende que o goberno local actuou "con nocturnidade, alevosía, sen ningunha xustificación legal e sen previo aviso ao colectivo, secuestrando esta exposición" motivo polo que convocan agora esta concentración para reclamar que a mostra se repoña.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: