www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 23 de Maio de 2018

Libros por comida
Cultura • 28/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A Biblioteca de Chapela organiza unha actividade solidaria que se prolongará ata o 15 de decembro consistente no intercambio de libros por comida non perecedoira que será entregada a Cáritas Redondela para que dende esta organización  a repartan entre as familias máis desfavorecidas.


A iniciativa é consecuencia do inventario que se está a realizar na propia biblioteca de Chapela- Por distintos motivos dende esta axencia de lectura liberan libros que xa non precisan e que os usuarios poderán levar a cambio de deixar alimentos non perecedeiros ou produtos de hixiene nun lugar habilitado do Multiúsos de Chapela.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: