www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 20 de Novembro de 2018

A seca en Quintela dura seis meses
Sociedade • 27/11/2017
Autor: Ana Prieto

Malia as últimas chuvias, a seca afecta a Redondela, igual que a todo o sur da provincia. Con todo, as vivendas conectadas á rede municipal de auga aínda non sufriron restriccións no consumo. Un problema que si teñen en moitas das parroquias, onde as Comunidades de Augas son as encargadas de xestionar o subministro. A peor parte lévaa Quintela, onde xa levan desde maio con recortes, debido á escaseza de auga nos seus depósitos. O presidente da comunidade, Javier Sánchez, lembra ao Concello a normativa que obriga ás vivendas situadas a menos de cen metros da rede municipal a conectarse ao subministro de Aqualia.


Un ano anormalmente seco e a orografía de Quintela, con partes do terreo moi elevadas a onde non chega a auga, levaron a esta situación de seca na parroquia, con problemas de abastecemento desde o pasado mes de maio. A situación máis grave vívena os veciños da parte alta de Quintela. O baixo nivel dos depósitos non permite que exista a presión suficiente para que a auga chegue aos seus fogares. É o caso de Pepe ou Mari Carmen, que levan meses acarrexando auga desde as fontes públicas para poder lavarse, beber ou cociñar. Para eles a situación é "un caos". Pepe, un xubilado que vive só, explica que leva meses acarrexando auga das fontes "coma nos tempos de antes". Pepe


No caso de Mari Carme son oito as persoas que residen no domicilio familar, entre os que hai nenos e persoas maiores. O problema agravouse nas últimas semanas, ao prolongarse a seca, o que provocou que moitos mananciais e fontes da parroquia se secaran. E critican as últimas actuacións do Concello, nas que se recuperaron fontes que aos poucos días xa estaban secas. Algúns veciños de Quintela, da parte baixa da parroquia, resisten sen demasiado problema grazas a que teñen pozo. É o caso de Tita, que rexenta un establecemento de hostalaría. Son moitas as parroquias afectadas pola seca, onde as comunidades de augas xestionan este servizo. No caso de Vilar a seca obrigounos a reducir de 700 a 500 litros o caudal diario para cada vivenda. En Cabeiro, onde as reservas son maiores, pasaron de 1.000 a 700 litros. Tamén en Saxamonde se reduciu o volume de auga que cada comuneiro pode usar diariamente, ao pasar dos 1.000 litros diarios a 500. No caso de Quintela decidiron non reducir o consumo restrinxindo o número de litros, senón facelo cortando o suministro en días alternos. Sánchez explica que esta decisión débese a que as medicións dos contadores "non son fiables", xa que as tubaxes están cheas de aire, e contan con 23 quilómetros de rede. Esta Comunidae de Augas non abastece só á parroquia de Quintela, xa que tamén subministra a vivendas de Reboreda, Cedeira e mesmo Redondela, ata a zona do Muro. O presidente demanda ao Concello "que faga cumprir a normativa" e obrigue ás vivendas situadas a menos de 100 metros da rede municipal "a conectarse ao subministro de Aqualia". Sánchez calcula que hai máis dun cento de casas nesta situación. O feito de que se engancharan ao subministro municipal suporía "un alivio" para as reservas da Comunidade de Augas, que actulamente ten os seus depósitos con tan só un 10% da súa capacidade.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código:

Audios relacionados co artigo
Javier Sánchez pte Comunidade de Augas
Sánchez lembra que as vivendas a menos de cen metro da rede municipal deben conectarse ao submnistro de Aqualia
Pepe auga das fontes para uso diario
Leva meses acarrexando auga das fontes para poder beber cociñar ou lavarse
Mari Carmen nenos e maiores sen auga
A falta de auga está a afectar a familias enteiras con maiores e nenos
Pepe fontes secas
Critican actuacións do Concello como a recuperación de fontes que aos poucos días secaron
Tita mellor situación na parte baixa
Na zona baixa de Quintela a seca está a afectar menos a vida cotiá dos veciños grazas aos pozos particulares
Cumprir a normativa
O Presidente da Comunidade Augas insta ao concello a que se faga cumprir a normativa que obriga a conectarse á rede de Aqualia ás vivendas a menos de 100 metros