www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Decembro de 2018

Servizos Sociais trasladará as súas oficinas a un local nos baixos de Regojo
Sociedade • 27/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O alcalde ven de asinar co representantes da empresa Aliseda, a cesión gratuíta ao Concello dun local na Urbanización da Antiga Fábrica de Regojo que acollerá as novas oficinas de Servizos Sociais e Igualdade. As oficinas ubicaranse nun espazo de 353 metros cadrados valoradas en 254.000 euros o que suporá unha mellora respecto das oficinas que ocupan actualmente no edificio de Isidoro Queimaliños.


Os trámites para a adquisición deste local remóntanse a 2005, cando se asinara un acordo de cesión entre a empresa construtora e o Concello na parcela 2 desta urbanización. Sen embargo, ante a falta de data para a construción deste inmoble, o goberno local decidiu inicar as negociacións coa empresa Aliseda, actual propietaria das edificación, para permutar o local acordado no 2.005 por outro nun inmoble xa rematado.


Este local dispón de 353 metros cadrados e no mesmo ubicaranse as novas oficinas de Servizos Sociais e o Centro de Información ás Mulleres (CIM). O proxecto de obra xa foi deseñado polo arquitecto municipal e cumpre as necesidades manifestadas polo propio servizo.


Para a tenente de alcalde e concelleira de Servizos Sociais, María del Carmen Amoedo,"o resultado da negociación foi moi bo para Redondela, xa que conta cun novo inmoble que ten un valor de 294.000€".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: