www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Setembro de 2018

O comercio local apúntase ao Black Friday ante a necesidade de competir coas grandes superficies
Sociedade • 24/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Medio cento de comercios de Redondela vivirán na xornada de hoxe e mañá uns días de grandes descontos apuntándose así á moda do Black Friday. Faino empurrado polas grandes superficies e para tentar que o cliente quede no Concello á hora de facer as súas compras, en moitos casos pensando xa no Nadal. Coco & Collet é un dos comercios que se suma a esta campaña con descontos de ata un 30% en produtos de tempada porque segundo confesa a súa propietaria Belén Abelleira "non é unha opción para o pequeno comercio quedarse fóra".


Logo dunha campaña especialmente pobre a consecuencia do tempo que non animou ao cliente a facerse con roupa de abrigo, as tendas vivirán hoxe e mañá unha xornada de descontos, sumándose así á moda do Black Friday.


Os descontos son variados e dependen de cada comerciante, no caso de Coco& Colet hai rebaixas dun 50% nos produtos de tempadas anteriores e descontos de entre un 20 e un 30% na roupa de tempada.


Unha campaña na que participan máis de 50 comercios e que organiza e coordina a Asociación de Empresarios, encargada de adornar con globos estes locais para visibilizar que o pequeno comercio da vila "é quen de adáptase ás demandas e esixencias do consumidor ofrecendo unha experiencias de compra próxima e confortable".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: