www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

"Dende neno" de Javier Yárnoz gaña o concurso de fotografía do Obradoiro de Estudos Locais
Cultura • 24/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy entrega este sábado os seus premios de fotografía nun acto que terá lugar no Circulo Cultural Deportivo de Cesantes e que arrancará ás 18:30 horas coa apertura da exposición que se poderá visitar neste local ata final de ano. Proxéctase unha película sobre "O porto de Cesantes" e o acto estará amenizado pola música do grupo "Aires do mar de Teis".


O Obradoiro de Estudos Locais F.M, entregará este sábado día 25 de novembro as 18:30 horas,  no Centro Cultural Deportivo de Cesantes, os premios da XII edición  do  tradicional  concurso de  fotografía. O xurado elixiu como mellor foto a presentada por Javier Yárnoz  Sánchez "Dende Neno".


Na categoría de adultos resultaron premiados Marité Justo Pintos e Diego Markwalder Gato mentres que Marcos Costas Castro recibiu o primeiro premio na categoría xuvenil, na que tamén se premiou a Birtukan González Valles.


Todas as imaxes presentadas a concurso poderán verse nesta centro cultural ata final de mes e pasarán logo a mostrarse no Multiúsos da Xunqueira.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: