www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Outubro de 2018

O BNG propón a creación de roteiros temáticos en Soutomaior
Política • 22/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A iniciativa ten como obxectivo fundamental "a posta en valor do noso patrimonio natural, cultural e histórico e a dinamización do comercio local atraendo visitantes que pasen tempo no noso concello". Entenden dende o Bloque que sería unha actividade complementaria para as 30.000 persoas que casa ano visitan o Castelo de Soutomaior "unha cifra importantísima pero ser apenas impacto na economía do concello xa que na maioría dos casos, os visitantes veñen ao castelo e marchan". A creación de roteiros temáticos permitiría complementar ás visitas ao castelo e achegar o turismo á veciñanza.


Trátase de facer roteiros temáticos como se fan en concellos veciños sobre elementos da nosa natureza, da nosa historia ou da nosa cultura para ofertalos á colectivos sociais, centros escolares, axencias etc. Trátase de poñer en valor todos estes elementos a través de visitas programadas que axuden a dar publicidade ao concello ao tempo que axudan a dinamizar a economía da nosa veciñanza.


Unha visita guiada podería contemplar actividades de visita ao castelo, máis tamén catas de viños de Soutomaior, dinamización da nosa hostalaría e das ostras de Arcade, viaxes pola ría para coñecer o noso sector marisqueiro,  paseos polo concello para poñer en valor a nosa natureza ou noso patrimonio e para dinamizar o noso comercio...


A iniciativa do Bloque propón abrir un prazo de presentación de proxectos para que as persoas que queiran organizar as visitas presenten as súas ideas e o concello as seleccione para converter en realidade estas iniciativas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: