www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 25 de Xuño de 2018

Soutomaior organiza unha excursión a Perlim, un parque temático do Nadal en Portugal
Sociedade • 21/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O Concello de Soutomaior dentro da programación deseñada para este Nadal organiza para o xoves 28 de decembro unha excursión para visitar o maior parque temático de Nadal situado en Santa Maria da Feira (Portugal). As prazas son limitadas e o prazo de inscrición pecharase o 15 de decembro. As inscricións formalizaranse na OMIX, no teléfono 986700822.


Perlim é un espazo temático dedicado ao Nadal que se atopa en Santa María de Feira, a pouco máis de hora e media de distancia. Unha coidada ambientación na que diferentes actores van realizado escenificacións pensadas para os nenos, conta con máis de vinte áreas temáticas: teatros, escenarios interactivos, atraccións, espectáculos musicais...


Dende o Concello de Soutomaior animan aos veciños a participar nesta viaxe que terá un día de duración e na que os participantes terán a posibilidade de coñecer este espazo. O prezo da viaxe inclúe o traslado en autobús, a entrada e o xantar. O seu custe varía en función das idades, por exemplo, no caso de empadroados/as será: de 0 a 2 anos de balde; de 3 a 15 anos 15€; de 16 anos en diante 20€. Contemplándose con bonificacións para as familias con varios fillos. Haberá dúas paradas de autobús, unha na Casa do Concello ás 10,00 h e outra ás 10,15 no Cruce de Pierres. O horario de chegada ao Concello será aproximadamente arredor das 22h.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: