www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 20 de Novembro de 2018

A toponimia e o mar, achegamento a talasonimia en Cesantes
Sociedade • 17/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A Concellería de Medio Ambiente arranca este sábado un ciclo de actividades que teñen como protagonista o litoral de Cesantes e Soutoxuste. A primeira proposta contará coa colaboración do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy, encargado de guiar un pequeno roteiro que partirá ás 10:30 horas da lonxa e no que se lles irá explicando aos participantes os diferentes nomes cos que as xentes do mar identificaban os lugares da costa, as rochas e outros puntos de referencia.


Un patrimonio inmaterial que en boa medida estase a perder. De feito, o presidente do Obradoiro, Manuel Nieto asegura que algún dos nomes que identifican eses puntos lograron recuperalos logo de moito falar cos maiores da parroquia. Nomes como "A Cova do Asno", Pedra Blanca, a Lobeira ou Pedra Rubia son algún dos que a xente ligada ao mar usaba para identificar diferentes puntos que tiñan como referencia para se orientar.


As persoas que queiran participar deste obradoiro poden anotarse chamando ao Concello no número 986400300, enviando un Whatsap ao 698142025 ou mediante correo electrónico á dirección: medioambiente@redondela.gal.


A saída partirá ás 10.30 dende o porto de Cesantes facéndose a continuación un percorrido pola contorna da Praia explicando aquelas características que dan nome a eses lugares.


Esta é a primeira actividade que Medio Ambiente organiza para dar a coñecer o noso litoral e que inclúe dúas propostas máis o 2 e 3 de decembro cun achegamento ao sistema dunar de Cesantes e as súas pradeiras de posidonia e unha saída fotográfica de aves e natureza na enseada de Soutoxuste.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: