Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

Música tradicional e actividades para os nenos no Magosto Furtivo do Viso
Cultura • 17/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O Viso celebra este sábado a oitava edición dun músico-tradicional organizado pola Sociedade Cultural do Viso, o grupo Tanto Nos Ten e o Colectivo Lúa Meiga. Unha programación na que non faltarán as tradicionais castañas, a música folk e os obradoiros para nenos e nenas cun concerto fin de festa a cargo dos grupo "Os da Porfia" e "Os Carunchos".


O festival arrancará cunha sesión vermú, xantar popular e foliada aberta a todos aqueles grupos que desexen participar. Xa pola tarde unha programación continuada, con xogos populares, obradoiros para cativas e cativos, musica tradicional e diversión da man do coro tradicional e gaiteiros "Tirapuxa", "Polisóns da Teixeira", concerto punk infantil de "Peter Punk e Brais das Hortas". Xa pola noite actuacións dos grupos  "Os da Porfia" e "Os Carunchos". Contarase coa tradicional mostra de elaboración de augardente e castañas para os asistentes.


Dende a organización convídase a toda a veciñanza a asistir e mesmo a colaborar deste evento para tódalas idades. Unha actividade na que colaboran a Deputación de Pontevedra, Concello de Redondela e A Tenda de Concha.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: