www.radioredondela.com | Hoxe é Sábado, 16 de Febreiro de 2019 |
"Permìtete ser libre" lema escollido por Igualdade para os actos contra a violencia de xénero
Sociedade • 16/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños Coincidindo coa celebración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o vindeiro 25 de Novembro, dende o Concello organizan un programa de actividades que se van desenvolver ao longo de todo o mes con charlas, actos institucionais, cine e música. Uns actos cos que se quere lembrar a todas as vítimas da violencia machista e visibilizar a dramáticas situación das mulleres maltratadas. De feito, neste ano quérese homenaxear a Mª José Mateo "Sesé" a veciña de Chapela que foi asasinada pola súa ex parella o pasado mes de febreiro. Un programa que arrancaba o pasado día 1 cunha exposición que ata finais de mes pode visitarse no Multiúsos e que leva por nome "Un camiño por diante para a erradicación da violencia e a discriminación" e que inclúe proxeccións cinematográficas en Cedeira o luns día 20 e o mércores 22 na Asociación cultural A Miñoteira. Por outra banda, o vindeiro martes na Sociedade Cultura do Viso terá lugar unha charla ás 17:30 horas a cargo das profesionais do Centro de Información ás Mulleres e o día 24 terá lugar o acto institucional na praza do concello ás doce do mediodía. Os actos pecharanse o sábado 25 cun concerto a cargo do alumnado do Conservatorio de Redondela ás 19:00 horas no Multiúsos da Xunqueira.
|
Comentarios |
|
|