www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Xullo de 2018

Alex O´Dogherty presenta no Multiúsos o espectáculo "Cosas de esas"
Cultura • 16/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Enmarcado no programa Humor na súa tinta que organiza MoitaMerda Producións en colaboración coa Concellería de Cultura, O´Dogherty achegará ao Multiúsos o espectáculo de humor, música e monólogos "Cosas de esas" o domingo ás 20:00 horas. Entradas a la venta on line en www.woutick.es ou no Café da vila a un prezo de 10 euros (13 euros na billeteira o propio día do espectáculo).


O´Dogherty conta cunha importante traxectoria como actor en televisión e cine, como música e como monologuista.  "Cosas de esas" ´e o título do seu novo show máis variado e impredecible. Un espectáculo moi interactivo con moito humor que se poderá ver o domingo en Redondela enmarcado no ciclo Humor na súa tinta que achegou en meses anteriores ao noso concello a Edu Soto e Javier Veiga. O programa completarase con Miguel lago o 17 de decembro e a actuación de Carlos Blanco o 21 de xaneiro.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: