www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 23 de Setembro de 2018

Os afectados polos lumes en Soutomaior contan cunha oficina para xestionar e solicitar axudas
Institucional • 16/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O goberno local pretende evitar que moitos afectados non poidan acceder ás axudas por non dispor dos medios para acometer os informes e trámites necesarios. A oficina estará instalada na Casa do Concello e atenderá aos afectados os martes e xoves en horario de mañá. O obxectivo é que poidan acceder ás liñas de axuda que tanto a Xunta de Galicia como o Estado publicaron recentemente. Para iso creouse unha oficina, atendida por técnicos especializados, para xestionar as solicitudes dos afectados ademais de proporcionarlles asesoramento para cumprimentar os informes necesarios.


Explican dende o concello que moitos dos afectados son de avanzada idade, non teñen cámara de fotos ou lles custa moito cumprimentar todos os papeis oficiais que serán necesarios para solicitar as axudas e terán nesta oficina un sitio onde técnicos especializados prestaranlle toda a axuda necesaria para cumprimentar a documentación, realizar unha reportaxe fotográfica e informarse sobre todas as axudas dispoñibles.


Acondicionamento barrio Aranza


O Concello de Soutomaior acaba de finalizar as obras de asfaltado e acondicionamento no acceso ao barrio de Aranza. A mellora comprende a reparación e asfaltado dun total 3500 metros cadrados. O proxecto conta cun orzamento total de execución de 60.138 euros.


O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, acompañado do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, comprobou na mañá de onte o resultado destes traballos que definiu como "unha mellora moi demandada polos veciños para a súa seguridade viaria".


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: