www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 22 de Novembro de 2017

Medio cento de participantes no Campionato galego de Mushing en Saxamonde
Sociedade • 10/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O mushing é unha modalidade deportiva procedente dos países nórdicos na que o can está unido cun arnés e unhas cordas ao corredor. Unha disciplina que chegou non hai moito a España e que ten en Galicia numerosos seguidores que fan da nosa comunidade toda unha potencia. Esta domingo, da man do Club Canicross de Vigo, celébrase en Saxamonde o Campionato galego de mushing terra coas probas de Canicross, Bikejoring e Patín.


David Costas, do club organizador, explica que os afeccionados a este deporte buscan gozar da natureza compartindo a paixón por correr co seu can. Para practicalo non é preciso contar cun can dunha raza específica, tan só contar cun animal que resista correndo varios quilómetros e que adoitan ser exemplares de 20 ou 30 kilos.


O domingo a partir das 10 celebrarase na contorna do Chan das Pipas a competición con saída e chegada no campo de fútbol de Saxamonde. Haberá probas nas tres modalidades de patín, bikejoring e canicross cun percorrido de 4,3 quilómetros.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: