www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 22 de Novembro de 2017

O BNG reclama no Parlamento máis médicos para Soutomaior
Política • 10/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O BNG de Soutomaior ven de rexistrar no Parlamento Galego unha nova iniciativa para demandar máis médicos para este concello. Medida que entenden imprescindible para atallar as esperas e atrasos que os usuarios da sanidade pública nos centros de Arcade e Soutomairo teñen que padecer constnatemente pola saturacións dos facultativos.


A situación da sanidade pública no concello de Soutomaior está orixinando un profundo malestar tanto entre a veciñanza que padece esperas de varias horas, retrasos nas citas e ausencias constantes no servizo de pediatría, como nos profesionais que teñen que atender ata a 65 pacientes ao día.  Esta situación motivou xa diferentes iniciativas por parte do grupo municipal do BNG, tanto no pleno municipal como ante a propia Xunta. Propostas que foron desoídas por estas administracións e que levou ao bloque de Soutomaior a organizar unha concentración dúas semanas na alameda de Talo Río para demandar melloras para a Sanidade Pública do municipio.


O portavoz municipal do BNG Manu Lourenzo sinalou que "non imos parar ata que os nosos veciños teñan máis médicos e a sanidade pública que merecen. É unha casua xusta como ningunha e rexistramos esta iniciativa para esixir no Parlamento Galego, e onde sexa necesario que se resolva esta situación. Trátase da saúde dos nosos veciños e dos nosos fillos, e con iso non se xoga"


Pola súa banda o deputado do BNG Luís Bará, que acompañou aos concelleiros de Soutomaior ao centro de saúde de Arcade para falar cos veciños e cos médicos, sinalou que defender a sanidade pública é defender a vida das persoas, e ante iso, non podemos aforrar esforzos.


O portavoz do BNG, Manu Lourenzo volveu  tender a man ao alcalde de Soutomaior Agustín Reguera para que se sume a esta demanda da veciñanza.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: