www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 15 de Novembro de 2018

Charla en torno á corrente literaria do Ciberpunk co escritor Felix Carreira Viso
Cultura • 3/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O escritor coruñés participa hoxe venres nunha charla literaria organizada polas Bibliotecas de Redondela e Pazos de Borbén. Un acto no que o escritor introducirá aos asistentes na corrente literaria do ciberpunk, subxénero literario onde se enmarcan as súas dúas recentes novelas: 850 aniversario e Lágrimas de neón.


Baixo o título "España cyborg: a novela cyberpunk" Felix Carreira falará dun subxénero de ciencia ficción moi de actualidade grazas a películas como a recentemente estreada Blade Runner 2049. En concreto o ciberpunk coñécese por reflectir visións distópicas do futuro, onde a ciencia, e particularmente, a cibernética, adoitan provocar algún tipo de cambio de paradigma social que se reflicte nunha sociedade en crise.


Un acto programado dentro das actividades colaborativas de animación á lectura que empezaron a organizar conxuntamente as Bibliotecas municipais de Redondela e a Biblioteca de Pazos de Borbén durante este ano 2017. Nesta ocasión tamén colabora activamente a Asociación de Amigos das Bibliotecas de Redondela. Ás 20:00 horas na Casa da Cultura.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: