www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 21 de Novembro de 2018

Arranca a campaña "Cremos en Redondela" da Asociación de empresarios e o Sabadell
Sociedade • 2/11/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Durante o mes de novembro a clientela pode gañar 1.000 euros por comprar nos negocios locais, e ademais por cada compra que realicen poderá levar unha ecobolsa edición limitada coa imaxe de Redondela deseñada especialmente para esta campaña. Tan fácil como entrar en creemosenredondela.com, encher os datos do formulario e subir unha foto do ticket de compra nun comercio da localidade e inmediatamente recibirá un correo de confirmación. As bolsas poderanse recoller na oficina de Banco Sabadell Redondela.


A Asociación de Empresarios de Redondela que agrupa a máis de 300 empresas na comarca, asinou ademais un convenio de colaboración con Banco Sabadell en virtude do cal a entidade financeira pon a disposición dos asociados un conxunto de produtos e servizos financeiros, personalizados e en condicións preferentes, adaptados á súa economía profesional e persoal.


Coa firma deste convenio a Asociación aumenta as opcións de acceso a servizos financeiros para que os asociados poidan ampliar as súas opcións de financiamento.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: