www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 25 de Maio de 2018

Concentración en Soutomaior en defensa da Sanidade pública do concello
Sociedade • 27/10/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A fatal de médicos, con tan só dous no centro de saúde de Arcade, provoca que o servizo de colapse de xeito continuo, provocando esperan de varias horas e atrasos nas citas. Unha situación que se agrava co servizo de pediatría "que aparece e desaparece sen aviso ao non cubrir o Sergas non cubre as baixas nin as vacacións". Motivos estes que levan ao BNG a convocar unha concentración, apoiada pola plataforma SOS sanidade Pública e por CIG saúde, para este domingo ás 12.30 horas na alameda de Talo Río.


Unhas carencias que segundo denuncian dende o Bloque os veciños están a soportar dende hai anos. Carencias que se concretan nunha falta de médicos no concello que fai que o servizo colapse de xeito continuo, provocando esperas de varias horas e retrasos nas citas. "A gravidade da situación puido comprobarse hai escasos días, nos que este colapso provocou que o centro de saúde de Arcade quedase sen ningún médico xa que o único que había tivo que saír a atender unha urxencia".


Os problemas agrávanse co servizo de pediatría, que tal e como denuncian os veciños e os representantes do BNG "aparece e desaparece sen aviso algún xa que o SERGAS non cubre as baixas nin as vacacións"; o que obriga aos nenos de Soutomaior a ter que desprazarse a outros municipios para ser atendidos.


Como exemplo da situación deste servizo explican que os médicos teñen que atender ata a 65 pacientes por día e que "mentres en Soutomaior con 7.400 habitantes hai só dous médicos e medio no veciño concello de Vilaboa con 6.000 habitantes hai catro médicos".


O portavoz do BNG en Soutomaior Manu Lourenzo sinalou que "intentámolo todo para solucionar esta situación, dende mocións no pleno, a propostas de modificación dos orzamentos da Xunta, e mesmo con iniciativas no parlamento galego que acadaron o apoio de todos os grupos menos o PP" motivo polo que agora deciden dar un paso máis e convocar este concentración para o domingo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: