www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 19 de Novembro de 2018

Serán solidario na Casa do Pobo de Moreira a favor das familias que perderon a súa casa polo lume
Sociedade • 24/10/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Os membros da Asociación Tralovalo de Moreira saben o que é loitar contra o lume. Moitos dos seus integrantes residen nas zonas máis afectadas polos incendios de hai dez días en Soutomaior. Son veciños dos lugares que se viron arrasados polas lapas e cuxas viviendas en moitos casos perigaron. Con todo, o peor levárono aqueles que viron as súas propiedade calcinadas polas lapas. É o caso das familias de Elena e Harry de Ponte Caldelas e Xan Carlos (Moreno) e Violeta de Fornelos.


Vinculados coa Asociación por ser familia de músicos, os membros de Tralovalo decidiron poñer en marcha esta iniciativa solidaria. Charo Bouzón, a súa presidenta, explica que as súas necesidades básicas como roupa ou outros enseres están cubertas grazas á solidariedade de moitos "pero pensamos que para retomar as súas vidas necesitan tamén de cartos en efectivo, por iso todo o que recademos o vindeiro sábado coa venda de rifas e de bebidas se lles entregará a estas dúas familias".


A cita será a partir das 21:30 horas na Casa do Pobo de Moreira, casa que de feito salvouse in extremis malia que o lume chegou a rodela queimando boa parte da carballeira da contorna.


Dende a Asociación convidan a participar deste serán solidarios que contará coa música tradicional propia destes eventos pero que nesta ocasión tamén incluirá a colaboración de músicos tan variados como os mariachis ou calquera que queira participar.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: