www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 25 de Setembro de 2018

Nespereira e Cepeda recuperan a liña de autobús ata Redondela
Sociedade • 24/10/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Os veciños das parroquias de Cepeda e Nespereira, en Pazos de Borbén, dispoñen novamente dunha liña de autobús que lles proporciona unha conexión con Redondela. O goberno local, tras as numerosas solicitudes recibidas dos veciños destas parroquias, xestionou durante as últimas semanas a reposición desta liña suspendida desde que rematara o curso escolar antes do verán.


O servizo é proporcionado pola empresa que xestiona o transporte escolar e deixou de prestarse ao finalizar o curso pasado. Con todo, ao comezar o ano escolar, o servizo deixou de ofrecerse tras unha reestruturación dos percorridos por parte da empresa, polo que os veciños destas parroquias demandaban un servizo público que lles permitise desprazarse ata Redondela.


Desde agora, tras a recuperación do servizo por parte do goberno local, o autobús realizará o traxecto en sentido Redondela ás 9.30 da mañá e regresará ás 13.00 horas co itinerario habitual.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: