www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 20 de Novembro de 2018

Sen vitorias para o fútbol sala local
Deporte • 23/10/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Na terceira división o Campito FS lograba un reparto de puntos logo de empatar 3-3 co Culleredo. O campito sitúase no decimo primeiro posto da táboa e xoga na vindeira semana na casa dun rival directo, o Villa de Cee situado tan so un posto por baixo na clasificación. Peor lle foron as cousas aos equipos que militan na autonómica sur. Así o Redondela perdía ante o Verinsala nun partido que rematou co resultado de 5-3. Derrota tamén do Arealonga en As neves por 4-2.


Resultados que os relegan aos postos baixos da clasificación. Así o Arealonga é o pechacancelas do grupo e ten na vindeira semana unha cita difícil. Xogan na casa e reciben ao lider o RM Vigo. O Redondela está no penúltimo postos e recibe tamén a outro dos equipos fortes, o  Lume, terceiro do grupo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: