www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 18 de Novembro de 2018

O Choco afianza o cambio de racha cunha nova vitoria
Deporte • 23/10/2017
Autor: Lorena Otero

Os de Marcos Montes impuxéronse ao Arenteiro por 1-2. Unha vitoria que lles permite seguir escalando posicións para situarse na décimo terceira e saír dos postos de descenso. Tres minutos valéronlle aos choqueiros para darlle á volta ao marcador logo do descanso. Comis e Chiqui foron os encargados de anotar os goles da vitoria. O próximo partido será en Santa Mariña cun dos equipos que encabeza a categoría, o Bergantiños, que é cuarto.


Segunda Autonómica


Choco- Tebra (1-1)


O Choco diminúe o bo ritmo do comezo de liga logo de empatar este domingo en Santa Mariña fronte ao Tebra. Un encontro moi igualado que deixa aos redondeláns terceiros con 19 puntos. Non terán moito tempo para analizar este empate porque teñen unha difícil cita a próxima semana. Visitan ao líder da categoría o Castrelos, que con 22 puntos, encabeza o grupo 11 da Segunda Autonómica.


Arcade-Mosteiro (5-1)


O Arcade consegue o liderado logo de imporse por cinco a un ao Mosteiro. Moi superiores foi o conxunto de Arcade que dominou o partido dende o primeiro minuto. Suman tres puntos que os sitúan á cabeza do grupo dez da Segunda Autonómica con 19 puntos, empatados co segundo o Caldelas. A próxima semana viaxan até Pontevedra para enfrontarse ao Marín, que tamén sumaba tres puntos esta xornada e son sétimos.


Terceira Autonómica


Gondomar-Chapela (2-1)


O Chapela non conseguiu imporse ao Gondomar esta fin de semana, un dos equipos fortes desta tempada que se sitúa como segundo de grupo. Derrota que deixa aos redondeláns sétimos con doce puntos e coa ollada xa posta no seguinte encontro porque reciben ao líder da categoría, o Matamá.


Cesante-Salcedo (1-0)


Vitoria para o Cesantes, na casa fronte ao Salcedo. Tres puntos que deixa aos locais na parte alta do grupo doce da Terceira Autonómica. Son cuartos con seis puntos e a próxima xornada visitan o campo dun dos seus rivais directos o Cobres, son quintos con dous puntos menos que os xogadores de Cesantes.


Cotobade-Soutomaior (3-2)


O Soutomaior non puido co seu rival directo o Cotobade. Derrota que deixa ao equipo con seis puntos e sexto. A próximo encontro será na casa, reciben ao San Andrés, situado na parte baixa da clasificación. Son novenos e nas cinco xornadas que se disputaron até o momento só sumaron tres puntos.


 


 


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: