www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 20 de Xullo de 2018

A SAR faise con derbi na casa do Chapela
Deporte • 23/10/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Derbi na división de honra prata feminina entre os esquipos de balonmán BM Chapela e Sar Rodavigo. Partido disputado en Chapela e no que as de Redondela foron superiores co resultado final de 23-29. Na primeira nacional masculina, mala xornada para os dous equipo que militan na categoría, con derrota tanto para a SAR como para o Rodosa Chapela.


O equipo feminino da SAR aséntase nos postos de cabeza logo de vencer 23-29 ao BM Chapela. As de Redondela son agora terceiras e xogan na vindeira semana no Pavillón de A Marisma, lugar no que reciben ao Magope Seis do Nadal, pechacancelas do grupo.


O chapela sitúase na décima praza da clasificación e xoga na vindeira semana contra o líder da categoría, o Lanzarote Puerto del Carmen. Cita polo tanto difícil á que lle teñen que engadir o cansazo propio dun desprazamento destas características.


Derrota para os dous equipos que militan na primeira nacional malsculina.


A Sar cae ao decimo terceiro postos da clasificación logo de colleitar unha derrota ante o Magope Seis de nadal, equipo moi necesitado de puntos que lograba así a súa primeira vitoria da tempada. Partido que arrancou moi igualado pero ao descanso os de Vigo conseguía unha renda de catro goles que lograron manter practicamente ata o final do encontro. Rematou o partido con resultado de 20-23 a favor do Magope.


Tamén derrota para o Rodosa, equipo que ata o de agora non coñecía a derrota. Sería na súa visita ao campo do Calvo Xiria nun encontro que rematou co resultado de 34-30. Malia todo o Chapela continúa nos postos altos da táboa, son terceiros e na vindeira semana xogan no campo do Seis do Nadal.


A SAR necesita sumar puntos pero difícil o van ter na vindeira semana, xa que reciben ao  segundo o Atlético Novás.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: