Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 16 de Agosto de 2018

Chega a Redondela “Na Butaca”, unha obra sobre o esquecemento
Cultura • 20/10/2017
Autor: Lorena Otero

A compañía Butacazero presenta no Multiúsos da Xunqueira esta obra que fala dende unha perspectiva poética e optimista de doenzas como a demencia ou o Alzheimer. Unha obra que remata sendo un alegato sobre a vida vivida no presente. A representación será este sábado no Multiusos da Xunqueira ás 20.00 horas.


Ether F.Carrodeguas e Pepa Barreiro son as encargadas de pór en escena esta obra que quere ofrecer unha nova perspectiva, máis positiva e optimista, sobre doenzas tan comúns na actualidade como a demencia ou o Alzheimer.


Con texto de Esther Carrodeguas e a interpretación de Pepa Barreiro plásmase situacións relacionadas coa perdida da memoria e as demencias, pero afastándose do dramatismo e apostando por expresar aquilo que senten as persoas que teñen este tipo de patoloxías.


A obra enmárcase dentro do ciclo “Outonoteatro” que organiza a Concellería de Cultura. As entradas poden retirarse no Multiusos da Xunqueira a sete euros, tres reducida.

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: