www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 19 de Setembro de 2018

120 figurantes desembarcan na praia da Punta para conmemorar a Batalla de Rande
Cultura • 20/10/2017
Autor: Lorena Otero

Esta é unha das novidades que presente este ano a conmemoración da batalla naval que este venres escenificará o conflito bélico cunha recreación do desembarco da prata de indias e o ataque das tropas inimigas. Un adianto do que se vivirá o sábado na contorna do Meirande onde haberá a partir das 10:00 da mañá visitas ao propio museo, obradoiros e postos de artesanía así como a posibilidade para todo aquel que o desexe de xantar no lugar a un prezo de 19 euros.


Os actos comezaba este xoves cunha mesa redonda onde varios expertos debateron sobre as investigación existentes en torno ao combate naval librado na ría no ano 1702. Pero será esta tarde, ás 20.00 horas, cando comecen os actos de representación, co desembarco na praia da Punta de 120 de figurantes vestidos de época que reinterpretarán o acontecido na contorna da Enseada de San Simón en 1702. Esta é unha das novidades da conmemoración deste ano, que vivirá a xornada grande o sábado nas inmediacións do Centro de Interpretación da Batalla-Meirande, na que haberá unha nova representación da batalla que enfrontou as escuadras anglo-holandesa e hispano-francesa.


As teatralizacións da batalla por parte dos veciños e o grupo Escuadra 17 arrancarán coa chegada das embarcacións tradicionais que se concentrarán no Meirande ás 12:00 horas e repetiranse pola tarde. Pola noite haberá unha recreación da batalla no mar e tirada de fogos de artificio, o que suporá o fin de festa.