Radio Redondela 94.9FM
www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 20 de Agosto de 2018

Artelixo súmase á protesta do domingo contra a Lei de Fomento Empresarial
Sociedade • 20/10/2017
Autor: Lorena Otero

O colectivo redondelá porá á disposición de quen o desexe transporte para participar na manifestación que se vai celebrar o domingo, ás 12.00 horas, en Santiago de Compostela. O custe do billete será de seis euros. Os autobuses sairán de Redondela e Chapela, dependendo do número de solicitantes.


Colectivos e sindicatos, englobados na Plataforma contra a Lei de Depredación de Galicia, convocan á cidadanía a unha manifestación na Alameda de Compostela este domingo contra a lei que foi aprobada o mércores pola Xunta de Galicia e que, denuncian, supón eliminar os informes de impacto ambiental para a instalación de grandes multinacionais na comunidade. Os convocantes consideran a normativa "extremadamente agresiva e unha porta para a instalación de empresas como celulosas ou piscifactorías en lugares protexidos".

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: