www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 23 de Xullo de 2018

Chapela e Teis esixen a transformación en vía urbana da AP-9 dende as Torres de Padín
Sociedade • 19/10/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Veciños de ambos os dous colectivos acompañados de representantes políticos demandaban cunha concentración na zona das Torres de Padín a conversión en tramo urbano deste tramo da autoestrada e reclamaron unha vez máis a supresión da peaxe dende Redondela para aliviar o tráfico pola parroquia de Chapela e o barrio de Teis.


A petición das asociacións de veciños de Chapela e Teis, que se unen nesta protesta, pasa por reclamar a conversión da autoestrada AP-9 en vía urbana dende a zona coñecida como Torres de Padín e non só dende a rúa Buenos Aires. A transformación en travesía urbana do último tramo da autoestrada é unha vella demanda que conta ademais co apoio de diferentes grupos políticos.


A outra demanda que mobilizaba hoxe os veciños é reclamar, unha vez máis, a supresión da peaxe dende Redondela, o que serviría para liberar de tráfico tanto a Chapela como a Teis, zona que acumulan un importante volume de vehículos. 
O Presidente da Asociación de veciños de Chapela, Marcial Pérez aproveitou a concentracion para reclamar a convocatoria da Comisión de seguimento das obras da AP-9, que leva meses sen se reunir.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: