www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Xullo de 2018

A cantautora galega Sheila Patricia presenta no Multiúsos o seu traballo "El camino de los sueños"
Cultura • 19/10/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A palabra e a poesía definen a música dunha intérprete que con tan só 12 anos se subiu por primeira vez a un escenario, precisamente en Redondela. Mañá repetirá experiencia para presentar o seu primeiro traballo discográfico "El camino de los sueños" un disco gravado baixo a dirección musical do pianista Gabriel Peso. A actuación será as 21:00 horas e as entradas, que se poden retirar xa na xoiería Esther Docampo, Viaxe Loa, Peluquería Sandra e Superbarros, teñen un prezo de 5€ en venda anticipada, 6 euros na billeteira.


Sheila Patricia preséntase en Redondela cun concerto no que a súa voz estará acompañada de piano, guitarra e contrabaixo. Temas nos que a poesía e a palabra teñen unha importancia fundamental como o "Pequeño Vals Vienés de García Lorca ou unha particular versión de "La llorona" tema tradicional mexicano así como catro temas colleita da propia artista.


O público asistente poderá gozar de diferentes climas que van dende a canción de autor, cos esas composición proias, ata o fago, boleros ou folk galego adaptado a típica formación de jazz.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: