www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 27 de Maio de 2018

Contacontos para celebrar o Día das Bibliotecas
Cultura • 19/10/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A sala infantil da Biblioteca de Redondela acolle este venres ás 18:30 horas o espectáculo "Rebeca Atencia de misión no Congo", un contacontos da compañía Polo Correo do Vento orientado a público infantil a partir dos catro anos. Unha actividade enmarcada dentro das celebracións das bibliotecas co gallo da do Día das Bibliotecas que se conmemora o vindeiro martes e que se completará con outro contacontos o venres 27 en Chapela coa "Romaría: contos e lendas da nosa terra" de Raquel Queizás.


O contacontos que se poderá ver este venres no Multiúsos está dedicado a Rebeca Atencia,  veterinaria ferrolá e colaboradora de Jane Goodall. Entrada libre e de balde para asisitr a esta propostas na que os integrantes da compañía Polo correo do vento acompañará o seu relato pola elaboración dunha ilustración en directo.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: