www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 20 de Novembro de 2018

2.500 hectáreas devoradas polo lume en Pazos de Borbén
Sucesos • 17/10/2017
Autor: M. X. Queimaliños

As chuvias das últimas horas foron determinantes para dar extinguidos os lumes que asolaron a nosa contorna. Malia que onte aínda se traballaba para tentar sufocar por completo os pequenos focos que aínda quedaban activos, as precipitacións que nos acompañaron durante todo o luns, principalmetne de cara a tarde, permiten dar por concluída a loita contra o lume vivida dende a madrugada do domingo.


Tempo agora de facer balance. En Pazos de Borbén o seu alcalde, Andrés Iglesias estima que foron 2.500 hectáreas as que arderon nuns lumes que afortunadamente non deixa danos persoais pero si importantes danos materiais con alpendres queimados, unha nave de madeira calcinada e un almacén de cervexas que tamén sufriu os efectos do lume, ademais deses centos de hectáreas de monte perdido. Unha virulencia que "me fixo lembras aos dramáticos lumes que afectaron a toda a comarca no ano 2006". Onte os esforzos centráronse en controlar o foco aínda activo na zona de Moscoso e Xunqueiras.


Unha zona de monte aberto na que traballaron os efectivos co obxecto de que non se achegase ás vivendas. Iglesias lembraba os devastadores danos producidos polo lume ao longo do domingo nas parroquias de Nespereira, Amoedo e Cepeda, con desaloxos incluídos e invernadoiros, alpendres e algunha nave afectada. Unha situación que mellorou notablemente nas últimas horas coa chegada das chuvias e, sobre todo a caída dos termómetros.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: