www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 27 de Maio de 2018

Última hora: Efectivos de policía local e veciños traballan na extinción dun lume en Quintela
Sucesos • 16/10/2017
Autor: M. X. Queimaliños

Nas últimas horas reactivouse un lume no Camiño Río de Xans na parroquia de Quintela, lugar no que están a traballar os veciños da zona e efectivos da policía local para evitar que se propague. As chuvias das últimas horas permitiron controlar os incendios que rodeaban Redondela dende a madrugada de onte, logo dun día intenso no que os veciños traballaron arreo nun intento de parar as lapas e evitar que chegaran ás casas. Nespereira, Amoedo e Cepeda foron algunhas das zonas máis afectadas no veciño concello de Pazos de Borbén, localidade na que se suspenderon as clases no Colexio Curros Enriquez. Soutomaior tampouco se librou das lapas, aínda que o peor son as dúas vítimas mortais atrapadas nunha furgoneta nunha pista forestal en Nigrán e un terceiro home de 78 anos que tamén falecía ao intentar salvar a vida dos seus animais.

 


Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: