www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 20 de Outubro de 2017

Pazos e CampitoFS protagonizan o primeiro derbi comarcal na terceira División
Deporte • 13/10/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O pavillón polideportivo de Pazos de Borbén acolle esta fin de semana un derbi moi esperado, o enfrontamento dos equipos de fútbol sala de Pazos e o Campito de Chapela. Quinta xornada de liga na terceira división que nos deixa esta interesante cita mañá ás 19:00 horas.


O Pazos, equipo xa con experiencia nar categoría enfróntase a uns debutantes, os xogadores do Campito, e faino ademais en situación ben diferentes, o Pazos na terceira posición con tres partidos gañados dos catro disputados ata o de agora e os do Campito na novena posición con tan só unha vitoria no que levamos de tempada.


Na autonómica sur o Redondela FS xoga esta fin de semana co Abetos, faino ademais moi necesitado de puntos logo da contundente derrota da pasada fin de semana ante o líder o RB Vigo 2015 por 5-2, derrota que os deixou como pechacancelas do grupo.


O Arealonga recibe, logo dunha fin de semana de descanso, a un equipo difícil, o segundo da categoría, O Celado.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: