www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 16 de Decembro de 2017

Ferida leve unha ciclista nun accidente na Rúa Ernestina Otero
Sucesos • 11/10/2017
Autor: M. X. Queimaliños

A moza de 30 anos, Isabel LL. resultou ferida leve logo de ser golpeada por un vehículo cando circulaba polo céntrica rúa Ernestina Otero. Un accidente que se producía ás 20:40 horas de onte e provocaba importante retencións no casco urbano ao permanecer pechado o vial ao redor de 15 minutos, ata que a moza foi trasladada en ambulancia a un centro hospitalario.


A ciclista foi golpeada por un vehículo á altura da discoteca Diva. A moza veciña de Redondela resultou ferida leve e foi trasladada a un centro hospitalario de Vigo. No sinistro e na regulación do tráfico participaron efectivos da Policía Local.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: