www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 20 de Outubro de 2017

O Choco busca saír dos últimos postos da clasificación ante o Negreira
Deporte • 11/10/2017
Autor: Lorena Otero

Os xogadores de Jacobo Montes viaxan este xoves á Coruña para enfrontarse ao Negreira. Os locais tentarán sumar os tres puntos desta xornada e consolidarse na metade da táboa fóra dos postos de descenso fronte ao penúltimo do grupo. O filial tamén xogará este xoves, recibe en Santa Mariña ao Teis co obxectivo de reafirmar o seu liderado.


Mañá o grupo senior do Choco disputa o partido adiantado desta xornada. Os redondeláns chegarán logo da vitoria en Santa Mariña fronte ao Ourense por dous a un, o que os sitúa na décimo sexta posición con oito punto. Malia os tres puntos do domingo, dende a dirección do club apuntan que o conxunto non debe confiarse xa que a liga está a ser moi competitiva e todos os conxuntos teñen un equipo moi forte. O partido disputarase ás 17,00 horas no campo Jesús García Calvo.


Mentres, o filial do Choco tentará consolidarse como líder e incrementar a diferenza co Tedra, Tyde e Castelo, os seus competidores na parte alta da táboa e dos que só os distancia dous puntos. Este xoves reciben en Santa Mariña ao Teis, décimo primeiro do grupo e que vén de perder fronte ao Castrelos. Crespo destaca o bo comezo de liga que está a facer o filial pero advirte que queda moito por diante e os xogadores non deben confiarse. Os xogadores saltarán ao terreo de xogo este xoves, 12 de outubro, ás 17.30 horas.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: