www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 11 de Decembro de 2017

Un incendio en Saxamonde obriga a cortar a estrada N-552 e deixa sen luz varias vivendas
Sucesos • 10/10/2017
Autor: M. X. Queimaliños

O lume producíase ao redor das 20:00 horas de onte nunha leira ao carón da estrada nacional, pouco antes de chegar o Alto dos Valos. Todo apunta que a orixe do lume sería unha queima de restrollos que se descontrolou. As lapas afectaron ao tendido de telefonía e da electricidade o que provocou que un grupo de vivendas quedara sen subministro.


Malia que o lume foi controlado rapidamente a súa proximidade coa estrada obrigou a cortar un dos carrís da N-552 apra garantir a seguridade dos vehículos que  circulaban a esa hora por esta estrada. Nas labores de extinción participaron patrullas da policía local e do 085.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: